Grupo operativo de actividades subacuáticas

Fundado en outubro de 2021 e formado por 5 Policías, dedicase fundamentalmente a loita contra o furtivismo no litoral costeiro galego, colaborando activamente co Servicio de Gardacostas de Galicia, cos que se realizan inspeccións conxuntas en pantaláns e embarcacións para a localización de fóndeos ilegais de marisco e outras especies mariñas.

Así mesmo realizan a busca, localización e recuperación de persoas ou obxectos no medio acuático.

Tamén colaboran na vixilancia e protección do patrimonio cultura e histórico que se atopa no fondo mariño de Galicia, así como apoiando a Policía Xudicial en dilixencias no medio acuático, como as diferentes Universidades de Galicia con apoio a proxectos científicos.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook