Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web https://www.xunta.gal

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Existen ligazóns que pola súa lonxitude afectan á accesibilidade cognitiva [requisito número 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (en contexto)].
    • Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición [requisito número 9.3.2.2 Ao recibir entradas].
    • Existen contidos nos que se emprega a cor para diferenciar o texto das ligazóns e a relación de luminosidade entre as cores non chega ao mínimo, co que poden provocar problemas de recoñecemento das ligazóns [requisito número 9.1.4.1 Uso da cor].
    • Nalgunhas novas ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade

A Xunta de Galicia achega as seguintes funcionalidades coa finalidade de mellorar e facilitar o acceso á súa información:

  • A través do pé de páxina achéganse as funcionalidades para:
    • Alternar a vista entra a opción de “Alto contraste”, que fai uso dunha paleta de cores alternativa e de maior contraste, e a "Vista normal".
    • A ferramenta de “Apoio a navegación” coa que poderá acceder a unha versión do sitio con axudas á navegación mediante o uso só do teclado, ou con comandos de voz, ou por sons…
  • Ademais, algunhas páxinas ofrecen a posibilidade de, a través do botón “Escoitar”, escoitar unha reprodución sonora do contido.

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 4 de novembro de 2022.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Última revisión da declaración: 4 de novembro de 2022.

Observacións e datos de contacto

En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.

Tamén pode presentar:

  • unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
  • ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima. 

As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia. Poden presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía  de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación se transcorre o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia. 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook