Violencia de xénero

Desde setembro de 2016 a UPA faise cargo da protección das vítimas de violencia de xénero asignadas ás comisarías da Policía Nacional de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

En cada ocasión na que se ten coñecemento de algún suceso relacionado con violencia de xénero, ponse en marcha a maquinaria policial, mediante a:

  • Colaboración co CNP nas chamadas de episodios de violencia de xénero mediante o desprazamento de coches radiopatrullas uniformados ou a presencia de policías de paisano no lugar dos feitos.
  • Atención singularizada á vítima, con axentes especializados/as na materia.
  • Información detallada (sobre procedementos legais, institucións de apoio e asesoramento, trámites, denuncia, medidas legais etc.).
  • De resultar agredidas, traslado ao centro asistencial (se fose preciso).
  • Traslado á Comisaría para a formulación da correspondente denuncia e a conseguinte valoración de risco.
  • Recollida dos datos sobre o agresor e posta en marcha das medidas de seguridade oportunas.
  • Adopción das medidas de protección establecidas nos correspondentes protocolos e axeitadas ao nivel de risco da vítima.

O inicio da actuación pódese producir de oficio, a instancias da vítima ou a requirimento de terceiros, en calquera das sedes da nosa Unidade. Habitualmente, actúase á instancias do servizo de Emerxencias do 112, onde se centralizan a maioría das alarmas relacionadas con esta materia. Acto seguido, dende a Sala operativa da Xefatura de Santiago difúndese inmediatamente esta información ás correspondentes xefaturas provinciais e á local de Vigo.
Para este cometido, nas distintas sedes da Unidade Adscrita, activáronse os soportes informáticos necesarios, creándose os Grupos de UPAP con 12 policías dedicados/as en exclusiva ás vítimas. Ademais, en apoio a estes grupos, a Unidade conta con 66 axentes uniformados en vehículos rotulados, os cales prestan servizo a quendas, as 24 horas do día, durante os 365 días do ano.

ver máis

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook