16/07/2026

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios no concello coruñes de Rois

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), en colaboración coa brigada de extinción de incendios con base en Rois, esclareceron un incendio forestal e tres conatos rexistrados neste municipio coruñés, concretamente nas parroquias de Augasantas e Leroño.

Todos eles afectaron unha superficie de 2,33 hectáreas de monte arborado, participando na extinción medios da Consellería de Medio Rural.

18/06/2026

Alfonso Villares reúnese co xefe da Unidade de Policía Adscrita de Galicia en Lugo, Moisés Muñiz

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo hoxe un primeiro encontro institucional co xefe provincial da Unidade de Policía Adscrita (UPA) de Galicia en Lugo, Moisés Muñiz.

Villares subliñou o importante labor que realizan en eidos como a protección do medio ambiente e a investigación dos incendios forestais. Tamén se encargan de velar pola seguridade no Camiño de Santiago, “unha tarefa que será especialmente esixente de cara á celebración do Xacobeo do próximo ano”, sinalou o delegado.

17/06/2026

A Xunta avanza que o dispositivo de seguridade de ‘O Son do Camiño’ contará con máis de 1.300 efectivos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, abordaron hoxe no Monte do Gozo o dispositivo de seguridade previsto nos tres días de celebración do festival O Son do Camiño.

16/06/2026

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia levanta 13 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores en Burela

Axentes da xefatura da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Lugo levaron a cabo o pasado 8 de xuño un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade nas festas do Carme de Burela. Como resultado do dispositivo, os axentes levantaron 13 actas de infracción e identificaron 65 persoas.

Unha decena das actas levantadas responderon ao consumo de alcohol por parte de menores. As outras tres correspondéronse coa tenencia de substancias estupefacientes na vía pública, infrinxindo a Lei de Protección de Seguridade Cidadá.

28/05/2026

A UPA e a UIFO de Medio Rural colaboran nunha investigación que permitiu identificar tres persoas como presuntas autoras de varios lumes intencionados

Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), da Consellería do Medio Rural, e efectivos da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Ourense, participaron nunha investigación conxunta que permitiu a identificación de tres veciños do concello de Verea como presuntos coautores de numerosos incendios forestais provocados de maneira intencionada neste municipio e tamén no de Quintela de Leirado, ambos na provincia de Ourense.

25/05/2026

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan máis de 20 quilos de percebe na Coruña e 12 quilos de ameixa en Ferrol

Axentes do Equipo de Resposta Policial (Erpol) da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) e efectivos do servizo de Gardacostas de Galicia levaron a cabo entre o 13 e o 15 de maio varios dispositivos contra a extracción ilegal de recursos mariños nas rías da Coruña e Ferrol, que se saldaron co comiso de máis de 20 quilos de percebe e 12 de ameixa respectivamente. No marco destes operativos, os axentes identificaron 13 persoas e dous vehículos e tramitaron 12 denuncias por infraccións á Lei de Pesca de Galicia.

22/05/2026

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous lumes forestais nos concellos de Santiago de Compostela e O Pereiro de Aguiar

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) vén de esclarecer un incendio forestal en Santiago de Compostela e outro no concello ourensán do Pereiro de Aguiar.

23/04/2026

A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia esclarece dous conatos nos concellos ourensáns do Carballiño e Coles

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Ourense esclareceron un conato de incendio forestal rexistrado o 30 de marzo no concello do Carballiño e outro do 3 de abril no de Coles.

08/04/2026

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous conatos de incendio nos concellos ourensáns de Entrimo e de Maside

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Ourense esclareceron un conato de incendio forestal rexistrado o 24 de marzo no concello de Entrimo e outro do 28 de marzo no municipio de Maside.

06/04/2026

A Unidade de Policía Adscrita de Galicia investiga unha persoa en Mondoñedo por presunto maltrato animal

Axentes da xefatura da Unidade de Policía Adscrita de Galicia en Lugo investigan unha persoa por un presunto delito de maltrato animal ante a situación de abandono na que se atopaban varios equinos nunca finca situada no lugar de Cruz de Cancela, no concello lugués de Mondoñedo.