30/05/2025

A Xunta colabora na xornada ‘Saudepol’, que pon o foco na seguridade laboral no ámbito dos corpos de seguridade

A Xunta de Galicia colabora na cuarta edición da xornada SAUDEPOL, que se desenvolve hoxe na Comisaría da Policía Nacional en Lugo e pon o foco na seguridade laboral no ámbito das forzas e corpos de seguridade, especialmente   nos riscos psicosociais. Está organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) co apoio da Asociación Unificada de Gardas Civís e de Vive CNP -recurso psicolóxico do SUP-, e conta co patrocinio do Parlamento de Galicia.

21/05/2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á reunión da Xunta Local de Seguridade de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe á reunión da Xunta Local de Seguridade de Ourense na que participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia, da Policía Local e colectivos veciñais.

14/05/2025

A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 no concello de Ourense

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participaron esta mañá xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, no simulacro de Activación do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia (Peifoga) e o seu paso a situación 2 por dous incendios forestais no concello de Ourense, o primeiro orixinado no lugar de Naves e o segundo en Canibelos, afectando este último tamén os lugares de Sabadelle e Tibiás, no Pereiro de Aguiar.

09/05/2025

O director xeral de Emerxencias e Interior visita aos participantes dun dos cursos de formación para axentes da UPA

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos participantes do curso de Instrucción Táctica Sanitaria para axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) que se está a desenvolver nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública no marco do plan de formación continua da Academia.

07/05/2025

A Xunta, o Goberno central e a Administración local reúnense para deseñar actuacións conxuntas en materia de prevención e loita contra os lumes forestais en Situacións 2

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron esta mañá na Reunión de Coordinación Provincial en Incendios Forestais de Ourense. Este encontro celébrase todos os anos antes do comezo da campaña de alto risco, co obxectivo de deseñar actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais en Situación 2.

24/04/2025

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios forestais na área de Santiago de Compostela

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Santiago esclareceron un total de catro incendios forestais rexistrados nos concellos de Padrón, Toques, Vedra e na propia Santiago de Compostela.

24/04/2025

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece un incendio forestal no concello de San Cibrao das Viñas

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o 8 de abril en San Cibrao das Viñas.

15/04/2025

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous incendios forestais nos concellos do Barco de Valdeorras e do Bolo

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Ourense esclareceron dous incendios forestais rexistrados o 31 de marzo no Barco de Valdeorras e no Bolo.

04/04/2025

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 76 quilos de polbo en Bueu

Axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia da xefatura provincial de Pontevedra e o servizo de Gardacostas comisariaron o pasado 24 de marzo 76,55 quilos de polbo no porto de Bueu. 

02/04/2025

A Xunta recupera do mar un canón de bronce do s.XVI na zona de Punta Sardiñeiro

A Xunta de Galicia recuperou hoxe do mar un canón de bronce nun operativo levado a cabo na zona de Punta Sardiñeiro, en Fisterra. Trátase dunha peza pertencente ao ámbito do pecio denominado de Punta Restelos e identificado como un buque do S.XVI que, segundo as investigacións, corresponderíase co Galeón Santa María La Anunciada, parte da frota que se afundiu nestas augas no ano 1596.