A Unidade de Policía acional adscrita de Galicia levou a cabo o ano pasado máis de 200 denuncias con case unha trintena de persoas investigadas por delitos relacionados co furtivismo
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA) rexistrou o ano pasado 227 denuncias que deron como resultado 24 persoas investigadas ou detidas, no marco da loita contra o furtivismo, o marisqueo ilegal e a pesca marítima ilegal. O balance das actuacións desenvolvidas especialmente polo Equipo de Resposta Policial (Grupo Erpol), ademais de polos equipos de investigación das distintas sedes da UPA nas provincias costeiras e sempre en colaboración coa Consellería do Mar tamén recolle un total de 711 inspeccións con 130 vehículos rexistrados nun total de 808 dispositivos.
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia prestou vixilancia e protección a 649 mulleres vítimas da violencia de xénero ao longo de 2024
A Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia prestou vixilancia e protección a 649 mulleres vítimas da violencia de xénero nas distintas xefaturas da unidade ao longo de 2024, un 10% máis que no ano anterior, segundo o informe anual elaborado polo corpo policial. Neste cómputo, ademais das 355 mulleres que se mantiñan activas no sistema de protección a 31 de decembro, inclúense as 227 que quedaron inactivas polo cese das circunstancias que motivaron o risco e as 67 traspasadas a outros corpos de seguridade por cambio de domicilio da vítima.
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia levanta 11 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado en Lugo
Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Lugo levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o día 15 de febreiro na cidade de Lugo. Como resultado das inspeccións en sete locais, os axentes identificaron 56 persoas e levantaron 11 actas de infracción que foron remitidas á Consellería de Sanidade. A maiores, interviñéronse diversas substancias estupefacientes.
Arias ofrécelle colaboración ao novo xefe da Unidade Adscrita de Lugo para seguir prestando o mellor servizo na provincia
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co novo xefe da Sede da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz, que acaba de asumir o cargo tras a xubilación do anterior responsable, Javier García Amigo.
Neste primeiro encontro institucional, Arias felicitouno pola súa nova responsabilidade e ofreceulle colaboración para “seguir prestando o mellor servizo” á cidadanía da provincia.
Diego Calvo reúnese co novo xefe provincial da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia, Jorge Rubal, reuniuse co novo xefe provincial da UPA en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz, quen accede ao cargo tras a xubilación do seu predecesor, Javier García. No encontro, o conselleiro deulle os parabéns pola nova responsabilidade e desexoulle un frutífero labor no cargo da sede provincial da UPA, do que tomou posesión o pasado venres.
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia levanta sete actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado en Arzúa
Axentes da xefatura da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Santiago de Compostela levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o día 7 de febreiro na localidade coruñesa de Arzúa. Como resultado das inspeccións en 17 locais, os axentes levantaron sete actas de infracción por carecer os establecementos de cartel informativo da prohibición de venda e subministro de alcohol a menores de idade que foron remitidas á Consellería de Sanidade.
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia levanta cinco actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado en Silleda
Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Santiago de Compostela levaron a cabo un dispositivo conxunto de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o pasado 24 de xaneiro na localidade pontevedresa de Silleda. Como resultado, dos 17 locais inspeccionados, levantáronse cinco actas de infracción por carecer os establecementos de cartel informativo da prohibición de venda e subministro de alcohol a menores de idade, que foron remitidas á Consellería de Sanidade.
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa 38 quilos de Ourizo e 20 de percebe na Coruña
Axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) da xefatura da Coruña comisaron 38 quilos de ourizo e 20 de percebe, así como diverso material usado para o furtivismo, no marco dun operativo desenvolvido o pasado martes na zona do Portiño, na Coruña, en colaboración con confrarías de pescadores desa área.
A Xunta fai entrega de dous drons a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, incidiu no importante labor desenvolvido polo persoal da Unidade de Policía Nacional Adscrita a Galicia como referencia para as persoas operadoras da sala do 112 na atención ás incidencias das súas competencias e das da Policía Nacional.
Desarticulada unha organización criminal internacional dedicada á extracción ilegal de marisco na ría de Ferrol
Axentes da Policía Nacional, nunha operación conxunta coa Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e a Policía Marítima Portuguesa, desarticularon unha organización criminal internacional dedicada á extracción ilegal de marisco na ría de Ferrol. Hai 14 persoas detidas como presuntas responsables dos delitos de pertenza a organización criminal, contra a saúde pública, contra a flora e a fauna e falsidade documental.