A Unidade de Policía Adscrita levanta catro actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas do Apóstolo en Compostela
Axentes da xefatura da Unidade de Policía Adscrita en Santiago levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o pasado luns 24 no marco das festas do Apóstolo en Compostela. Como resultado das inspeccións identificouse 45 menores e levantáronse catro actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.
A Unidade de Buceo da Armada de Ferrol (UBUFER) e o Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade da Policía Nacional adscrita a Galicia colaboran na campaña subacuática no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia en Ribadeo
Durante o pasado mes de xuño a Xunta de Galicia puxo en marcha a quinta campaña arqueolóxica no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia, en Ribadeo, despois das que levaron a cabo nos anos 2018, 2019, 2020 e 2022.
A Unidade de Mergullo da Armada de Ferrol (Ubufer) e o Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (Goas) da Unidade da Policía Nacional adscrita a Galicia continúan na liña de colaboración conxunta que ambas unidades veñen desenvolvendo nas intervencións de seguridade no ámbito do Patrimonio Arqueolóxico Mergullado (PAS).
A Unidade de Mergullo de Ferrol da Armada e mergulladores da Unidade da Policía Nacional Adscrita a Galicia implementan os seus coñecementos en salvamento e rescate submarino.
Durante os días 3 ao 7 de xullo, persoal da Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), con base na Estación Naval da Graña xunto co Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia (UPA) realizaron o “Curso de Mergullador de Rescate ERDI Diver Technician, e Erdi Full Face Mask Technician, baixo Estándares Internacionais de Mergullo de Resposta de Emerxencia E.R.D.I”, (Emergency Response Diving International) nas instalacións da UBUFER, impartido por un técnico da empresa PRODITEC.
A Unidade de Policía Adscrita localiza 'in fraganti' un presunto incendiario no Concello de Ourense
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado mércores, 28 de xuño, en Seixalbo, no concello de Ourense. O lume afectou 0,15 hectáreas de superficie arborada e evitouse a súa propagación debido á rápida intervención e o inmediato aviso aos servizos de extinción.
A Unidade de Policía Adscrita comisa máis de nove quilos de navalla en Pontevedra
Axentes da Unidade de Policía Adscrita da xefatura de Pontevedra comisaron o pasado 15 de xuño máis de nove quilos de navalla no porto de Praceres, en Pontevedra.
Os axentes detectaron unha embarcación da que se descargaban produtos pesqueiros nun cesto e agachaban na zona do aparcadoiro de vehículos do porto. Ao inspeccionalo, comprobaron que contiña 9,1 quilos de navalla e procederon ao seu comiso tras constatar que estaban por debaixo do talle mínimo. As navallas, ao atoparse vivas, foron devoltas ao mar nas proximidades da illa de Tambo.
A Unidade de Policía Adscrita levanta tres actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado no festival O Son do Camiño
Axentes da xefatura da Unidade de Policía Adscrita en Santiago levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade no festival O Son do Camiño, celebrado os pasados días 15, 16 e 17 de xuño en Compostela e de cuxo dispositivo de protección e seguridade formou parte este corpo policial. Como resultado das inspeccións identificouse 140 menores e levantáronse tres actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.
A Unidade de Policía Adscrita de Santiago de Compostela esclarece un incendio forestal en Vimianzo (A Coruña)
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela en colaboración con axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 25 de maio no concello coruñes de Vimianzo. O lume afectou a 0,61 hectáreas de terreo na parroquia de Berdoias.
A Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela esclarece dous incendios forestais nos concellos coruñeses de Rois e Dodro
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer dous incendios forestais rexistrados o pasado 5 de xuño, un deles no concello de Rois e outro no de Dodro.
O lume de Rois, rexistrado na parroquia de Formarís, afectou 400 metros de terreo. Na inspección ocular feita polos axentes observáronse restos dunha queima forestal realizada de xeito neglixente, polo que se identificou e tomou declaración á persoa presunta autora.
A Unidade de Policía Adscrita participa na "I Xornada de confraternidade da seguridade e emerxencias da comarca do Barbanza", na Pobra do Caramiñal
O pasado día 01 de xuño celebrouse a “I Xornada de confraternidade da seguridade e emerxencias da comarca do Barbanza”, no Concello da Pobra do Caramiñal, onde realizouse a exposición de materiais e recursos dos diferentes colectivos de emerxencias e seguridade que interveñen na vila e no resto da comarca do Barbanzana.
A mostra, dirixida ao alumnado dos centros educativos da zona, enmárcase na I Xornada de Confraternidade de Seguridade e Emerxencias da Comarca do Barbanza, organizada polo Concello e a Mancomunidade Barbanza Arousa.