Policía Nacional Investigación Incendios Forestales
12/09/2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita en Pontevedra, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 21 de agosto no Grove. O lume produciuse no lugar de Reboredo, na parroquia de San Vicente, e afectou unha superficie de 0,3 hectáreas de alto valor ecolóxico, ao ser Lugar de Interese Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Rede Natura 2000.

Tras realizar unha inspección ocular, os axentes determinaron o punto de inicio do incendio e que fora provocado por unha fonte de calor directa como un chisqueiro, polo que foi un lume intencionado. Hai unha persoa investigada como presunta autora.

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Cambados.

No que vai de ano, a Unidade de Policía Nacional Adscrita leva investigadas 11 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta lembra que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. O Goberno galego apela tamén á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios e sinala que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que chamar no caso de detectar algún lume forestal.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook