Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia

O Real decreto 221/1991, do 22 de febreiro, regulou a organización de Unidades da Policía Nacional adscritas ás comunidades autónomas e establece as peculiaridades do réxime estatutario do seu persoal.

Na súa virtude, o 22 de outubro de 1990 instrumentouse o acordo administrativo de colaboración entre o Ministerio do Interior e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia policial, adscribíndose unha Unidade da Policía Nacional, por Orde do Ministerio do Interior, do 19 de xuño de 1991.

Desde a súa creación, en outubro de 1991, a Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia vén desempeñando funcións de Policía Autonómica, crecendo na prestación dos seus servizos para dar resposta á asunción paulatina de novas funcións e competencias pola Administración galega, para o que tamén se produce un incremento de efectivos e de distribución territorial.

O artigo 47 da Lei orgánica 2/1986 establece que as comunidades autónomas incluídas no apartado 2 do seu artigo 37 poderán solicitar ao goberno da nación, a través do Ministerio do Interior, para o exercicio das funcións previstas no seu artigo 38.1, a adscrición de Unidades da Policía Nacional e que as condicións da devandita adscrición se determinarán en acordos administrativos de colaboración de carácter específico.

En desenvolvemento do devandito artigo 47, aprobouse o Real decreto 221/1991, do 22 de febreiro, que regula a organización de Unidades da Policía Nacional adscritas ás comunidades autónomas e establece as peculiaridades do réxime estatutario do seu persoal.

Na súa virtude, o 22 de outubro de 1990 instrumentouse o Acordo Administrativo de Colaboración entre o Ministerio do Interior e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia policial, adscribíndose unha Unidade da Policía Nacional, por Orde do Ministerio do Interior, do 19 de xuño de 1991, que no seu artigo primeiro establece que a unidade policial depende organicamente do Ministerio do Interior e funcionalmente da Xunta de Galicia, dependendo na actualidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Así mesmo, e consonte á dependencia funcional sinalada, disponse que durante o tempo da adscrición a unidade policial cumprirá as ordes e directrices das autoridades competentes da Xunta de Galicia, ante as que renderá contas das súas actuacións.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook