Equipo de Resposta Policial

O Equipo de Resposta Policial (ERPOL) é un equipo multidisciplinar que posibilita a actuación inmediata da UPA ante calquera situación de conflitividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que requira dunha pronta resposta policial.

Todos os membros da ERPOL están formados para poder resolver con éxito situacions de salvamento e rescate acuático, rescate profesional en altura, control e seguridade en aglomeracions ou situacions de emerxencias, con varias intervencións salientables nesta materia.

Neste sentido, destacamos a continua formación que reciben os integrantes deste grupo buscando mellorar sempre o servizo á cidadanía.

O grupo foi incrementando tanto o número de funcionarios que o integran como as competencias asumidas, adicando especial atención á loita contra o marisqueo ilegal, sempre en apoio e a requirimento da Consellería do Mar.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook