O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e que goza de máis recoñecemento internacional.
Esta ruta xacobea ten a súa orixe na cidade de Santiago e a súa meta no cabo Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca.
Procedente de Andalucía e Estremadura, entra en Galicia polas Portelas do Padornelo e da Canda, e pasa polo sector setentrional do Val de Monterrei e da Limia ata chegar a Ourense.
Pola súa situación estratéxica, Ferrol e A Coruña son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. Esta ruta marítima seguírona os islandeses e escandinavos que peregrinaron a Santiago.
O Camiño Primitivo de peregrinación a Compostela foi o empregado polos primeiros devotos, chegados do nacente reino asturiano. Trátase, polo tanto, do primeiro itinerario xacobeo.
A orixe da peregrinación a Santiago pola ruta da costa asturgalaica remóntase aos momentos inmediatamente posteriores ao descubrimento da tumba do apóstolo Santiago o Maior.
Esta ruta marítimo-fluvial pola ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do apóstolo Santiago O Maior, logo do seu martirio en Xerusalén no ano 44.
O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta, un acceso xa usado polos romanos. Pénsase que puido ser unha alternativa na época invernal á dura subida aos cumes nevados do Cebreiro.
Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia de Portugal. O seu trazado herda vías e camiños antigos, como a Vía XIX, construída no século I d.C., que unía Braga con Astorga a través de Ponte de Lima, Tui, Pontevedra, Santiago e Lugo.
O Camiño Portugués da Costa entra en Galicia pola vila mariñeira da Garda, tras cruzar o río Miño na súa desembocadura.