Seguridade e protección

Dentro das tarefas de calquera tipo de policía sempre haberá un apartado dedicado á seguridade e á prevención. Como non podía ser doutro xeito, esta Unidade Policial ten unha especial dedicación a esta función, xa sexa no carácter estático como no dinámico.

Con un Centro de Mando Integrado situado na sede da Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, realÍzanse as tarefas de coordinación operativa de toda a unidade e as de coordinación das comunicacións co exterior.

Neste Centro de Mando Integrado recíbese a información e os requirimentos dos cidadáns de todo o territorio galego, as transmitidas desde a Policía Nacional e da Central de Emerxencias 112. Posteriormente, desde este Centro transmítense tales requirimentos e a información da que se dispón ás dotacións policiais en servizo, ás xefaturas provinciais e local, a outros operadores policiais e aos servizos administrativos que corresponda da Xunta de Galicia.

Neste ámbito de actuación intégranse os seguintes servizos:

  • Protección estática: proteccion dedicada aos edificios máis representativos da nosa Comunidade e a todos os cidadáns que acceden a eles diariamente. Principalmente son:
    • Edificios propios da xefatura da unidade, xefaturas provinciais e xefatura local de Vigo.
    • Edificios administrativos da Xunta de Galicia.
    • Parlamento de Galicia
    • Residencia do presidente da Xunta de Galicia en Monte Pío
  • Proteccion dinámica, que centra a súa actividade na prestación de protección dinámica de altas personalidades da Xunta de Galicia e de altos cargos doutras administracións ou persoas, que pola súa relevancia, precisen desta protección nas súas estadías na nosa Comunidade Autónoma.
Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook