27/09/2024

Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) da Unidade de Policía Nacional Adscrita comisaron máis de 28 quilos de ameixa e diverso material usado para o furtivismo, no marco dun operativo desenvolvido o 18 de setembro na zona de Ferrol en colaboración co servizo de Gardacostas de Galicia.

Como resultado, tramitáronse sete actas de sanción pola Lei de Pesca de Galicia.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica, en colaboración coa Consellería do Mar, no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados por esta actividade ilegal. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook