A Unidade de Policía Adscrita esclarece a autoría dun vertedoiro de residuos perigosos no concello de Lugo
Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita de Lugo esclareceron unha autoría dun vertido de residuos perigosos localizado o pasado xaneiro nun monte da parroquia de Bocamaos, no concello de Lugo. O presunto autor xa fora denunciado con anterioridade por ter un taller dedicado á compravenda ilegal de vehículos.
A Unidade de Policía Adscrita e axentes da UIFO esclarecen un incendio forestal no concello de Boiro
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 2 de marzo no concello coruñés de Boiro. O lume afectou 1.400 metros cadrados de superficie arborada.
Desarticulada unha organización criminal internacional dedicada ao tráfico de especies protexidas
Axentes de Policía Nacional pertencentes a UDEV Central e da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, nunha operación conxunta co Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e a Policía Marítima de Portugal, desarticularon unha organización criminal internacional dedicada, presuntamente, ao tráfico de especies protexidas.
O Concello Ourense entrega o XVII Premio Clara Campoamor ás forzas e corpos de seguridade da provincia polo seu esforzo e profesionalidade na atención ás vítimas de violencia de xénero
O pasado 8 de marzo o concello de Ourense fixo entrega do XVII Premio Campoamor á igualdade de oportunidades ás Forzas e Corpos de Seguridade da provincia de Ourense.
O galardón recoñece a labor de atención e seguimento das vítimas de violencia de xénero da provincia de Ourense, por parte dos axentes de Policía Nacional da UFAM (Unidade de Familia e Atención a Muller) e da UPA (Unidade de Policía Adscrita de Galicia), EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Garda Civil e ás Policías Locais incorporadas ao Sistema Vioxén.
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia e axentes ambientais esclarecen un incendio forestal na A Baña (A Coruña)
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais do distrito forestal IV-Barbanza da Consellería do Medio Rural, esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 17 de febreiro no concello coruñés da Baña. O lume rexistrouse na parroquia de San Vicenzo e afectou 0,25 hectáreas.
A Unidade de Policía Adscrita de Pontevedra comisa en colaboración con Gardacostas de Galicia 21 quilos de centola, 9 quilos de choco e 3 quilos de bogavante
Axentes da Unidade de Policía Adscrita da xefatura da Pontevedra, en colaboración co servizo de Gardacostas de Galicia, comisaron o pasado venres, 3 de marzo, 21 quilos de centola, 9 quilos de choco e 3 quilos de bogavante no porto de Aguete de Marín.
A Unidade de Policía Adscrita de Lugo levanta oito actas de Infracción no marco dun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade realizado en Ribadeo
Axentes do grupo de menores e Servizo Lima da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo, en colaboración coa Policía Local de Ribadeo, levaron a cabo a pasada fin de semana un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade no concello da Mariña luguesa. Como resultado das inspeccións levantáronse oito actas de infracción por incumprimento de diversas leis.
Charla da Unidade de Policía Adscrita de Lugo no CEIP Celeiro de Viveiro
O pasado día 28 de febreiro de 2023 a pedimento do Departamento de Participación Cidadá da Comisaría Local de Policía Nacional de Viveiro (Lugo), para realizar unha charla no CEIP Celeiro de Viveiro sobre o labor da Unidade Adscrita de Policía de Galicia entre os que esta a investigación de incendios, protección de medio ambiente, furtivismo, etc.
A UPA e axentes ambientais esclarecen un incendio forestal no concello de Vilanova de Arosa
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade Adscrita de Galicia da xefatura provincial de Pontevedra, en colaboración con axentes ambientais do distrito forestal XIX Caldas- O Salnés da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 18 de febreiro no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa. O lume rexistrouse na parroquia de Tremoedo e afectou 0,61 hectáreas de superficie arborada e 0,30 hectáreas de monte raso.
Efectivos de Mergullo da Armada colaboran en adestramento con mergulladores da Unidade de Policía Adscrita de Galicia
Durante os días 22 ao 24 de febreiro a Unidade de Mergullo de Ferrol pertencente ao Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol, levou a cabo unha colaboración de adestramento de mergullo con persoal da Unidade de Policía Adscrita (UPA) de Galicia, na Estación Naval da Graña, Ferrol.