A Unidade de Policía Adscrita levou a cabo o ano pasado máis de 6.700 inspeccións e tramitou case 2.800 denuncias relacionadas con delitos contra o medio ambiente
A Unidade de Policía Adscrita (UPA) reforzou o ano pasado a colaboración coa Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e materias do ámbito da súa competencia, como se recolle no informe do que se informou no pasado Consello da Xunta. As actuacións están relacionadas co control de produtores e xestores de residuos sólidos, de vertidos líquidos, da localización e erradicación de vertedoiros ilegais, as inspeccións e controis de puntos limpos, o transporte e reciclado de aceites vexetais, a caza e a pesca ou o urbanismo.
A Unidade de Policía Adscrita comisa máis de 6 quilos de percebe na Coruña
Axentes da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura da Coruña comisaron o pasado luns, 13 de febreiro, 6,2 quilos de percebe no marco dun dispositivo de loita contra o furtivismo na Coruña en colaboración con confrarías de pescadores locais.
No marco dun servizo de prevención de furtivismo os axentes foron informados da presenza na zona da Torre de Hércules que presuntamente estaban a realizar labores de marisqueo. A patrulla da UPA desprazada ata o lugar dos feitos atopou dous varóns que portaban sendas bolsas e que, ao decatarse da presenza policial, déronse á fuga.
A Unidade de Policía Adscrita (UPA) comisa 162 quilos de ourizo na Coruña
Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) da Unidade de Policía Adscrita comisaron 162 quilos de ourizo no marco dun dispositivo de loita contra o furtivismo na Coruña en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia e coa confraría de pescadores local.
Os axentes, tras ser informados por membros da confraría de que na zona do Portiño se estaban a extraer grandes cantidades de ourizo sen respectar os talles, procederon a realizar un seguimento a un grupo de persoas que resultaron ser furtivos habituais.
Visita da Asociación DOWN Lugo a Sede da Upa Lugo
A Asociación Síndrome de Down Lugo visitou onte a sede da Unidade de Policía Adscrita de Lugo. As persoas que compoñen esta Asociación tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo e as funcións que desempeña a UPA na provincia de Lugo, como son a protección do medio ambiente, investigación de incendios, control do furtivismo, menores, etc
Nesta visita tamén coñeceron as instalacións, os vehículos e medios materiais dos que dispón a unidade na cidade de Lugo.
A UPA Lugo LEVANTA 3 ACTAS DE INFRACCIÓN no marco dun dispositivo de control de venda de tabaco a menores en varios concellos da provincia de Lugo
Axentes do grupo de menores da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo levaron a cabo a semana pasada, entre o 26 e o 30 de decembro de 2022, varias inspeccións en locais comerciais de concellos da provincia lucense no marco dun dispositivo de control de venda de produtos de tabaco.
A UPA realizou os controis tras ter coñecemento por parte da xefatura territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, da posible venda a menores de produtos de tabaco como vapeadores e cigarros electrónicos en locais comerciais da provincia.
Feira Sedexpo 2022
Galería de Imaxes:
Feira de Seguridade Sedexpo que celebrouse na Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda (Pontevedra), entre o 17 ao 19 de Novembro do 2022.
A UPA Pontevedra comisa 63,5 quilos de centola en Marín
Axentes da xefatura da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Pontevedra incautaron esta semana 63,5 quilos de centola no marco dun dispositivo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido no porto de Aguete, en Marín, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia.
A UPA Coruña comisa 90 quilos de polbo e dous de centolas na cidade da Coruña
Axentes da UPA na Coruña incautaron a pasada semana 90 quilos de polbo e dous de centola, no marco dun dispositivo de control do furtivismo desenvolvido en colaboración cos vixilantes da confraría de mariscadores na zona do Portiño.
A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Masol Iberia Fuel, no porto exterior de Ferrol
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron esta mañá no simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do Cabo Prioriño, deseñado para facerlle fronte a emerxencias que se poidan orixinar nas instalacións de Masol Iberia Biofuel, situada no Porto Exterior de Ferrol. O obxectivo é comprobar o correcto funcionamento dos mecanismos de activación, coordinación e intervención previstos no plan.
A UPA esclarece un incendio forestal no concello de Ames (A Coruña)
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, esclareceron un incendio ocorrido o pasado día 26 de agosto do ano en curso, na parroquia de Ameixenda, concello de Ames, sendo afectados 1300 metros cadrados de terreo arborado.
O incendio debeuse ao lanzamento de foguetes nas festas patronais do lugar, provocado polas condicións meteorolóxicas favorables que contribuiron a que os restos pirotécnicos incendiaran o terreo sobre o que caían.