18/12/2021
A UPA de Vigo incauta 34 quilos de centolas nun control policial contra o furtivismo
O pasado día 18 do mes de decembro, axentes da UPA Vigo, estableceron un dispositivo de colaboración con funcionarios da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, nas inmediacións do Molle de Punta Lagoa de Vigo, co fin de evitar posibles actividades de pesca submariña irregular.
05/03/2021
A UPA Vigo en colaboración con Gardacostas comisa máis de 63 quilos de mero e preto de 30 quilos de percebes en Baiona e Oia.
Axentes da UPA Vigo, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia e co Servizo de Vixilancia Pesqueira da Confraría "La Anunciada de Baiona", realizaron senllos dispositivos de control do furtivismo nos portos de Baiona e Oia, onde comisaron 63 quilos de mero e preto de 30 quilos de percebe.