10/10/2022

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Santiago de Compostela en colaboración con axentes ambientais do Distrito Forestal IV - O Barbanza veñen de esclarecer o incendio forestal rexistrado o pasado 20 de setembro no concello coruñés de Boiro. O lume produciuse no lugar de Cadarnoxo e afectou 100 metros cadrados de superficie rasa.

Tras constatar que o lume se iniciou pola caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico, tomóuselle declaración a unha persoa que realizaba labores de corta como presunta responsable.

O atestado policial foille remitido ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira.

No que vai de ano, a UPA leva detidas ou investigadas 48 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta continúa apelando á concienciación e á prudencia nos accesos e traballos en terreos agrarios e forestais de cara a evitar incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook