A UPA e a UIFO esclarecen tres incendios nos concellos coruñeses de Cee, Rois e Muros
A Unidade de Policía Adscrita (UPA) e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceron tres incendios na provincia da Coruña, dous deles acontecidos o pasado 25 de abril nos concellos de Cee e Rois e outro o 28 de abril no de Muros.
A UPA A Coruña comisa 25 quilos de ourizo nun operativo de loita contra o furtivismo na Coruña
A UPA incautou onte, 4 de maio, un total de 25 quilos de ourizo na cidade da Coruña no marco dun operativo de loita contra o furtivismo.
No transcurso dun dispositivo na Coruña, a UPA procedeu á vixilancia dun home que podería estar a extraer marisco de maneira ilegal na zona costeira próxima ao Colexio Plurilingüe Escravas do Sacro Corazón de Xesús, o cal interceptaron cando deixaba o lugar con 25 quilos de ourizo.
Os ourizos comisados foron posteriormente devoltos ao mar e os axentes levantaron unha acta de presunta infracción á Lei de Pesca de Galicia.
A UPA Ourense esclarece un incendio no concello de Melón
Axentes da UPA de Ourense en colaboración esclareceron un incendio forestal ocorrido o pasado día 5 de abril, en Covelo-Quins, no concello de Melón.
O incendio, que afectou a cerca de 1.000 metros cadrados de raso, foi orixinado por mor do escape dunha queima, sen a salvagarda das debidas medidas de seguridade necesarias á hora de realizar a queima.
O lume foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando un Axente forestal e unha motobomba.
A UPA localiza en Carballo outro depósito clandestino con vehículos para despece
Axentes do Grupo de Medio Ambiente da UPA de Santiago de Compostela localizaron no concello coruñés de Carballo una parcela e unha nave industrial cun elevado número de vehículos fóra de uso no seu interior que se suman ás tres parcelas con máis dun milleiro de vehículos fóra de uso.
A UPA Vigo incauta 38 quilos de percebe nun control policial contra o furtivismo en Vigo
O día 01 do mes de febreiro, funcionarios da UPA Vigo, foron requeridos pola Policía Nacional para colaborar na inspección dun vehículo sospeitoso de portar no seu interior percebes sen a autorización perceptiva. Unha vez no lugar situado na rúa Buenos Aires da cidade, e tras preguntar o conductor do vehículo sobre a procedencia do marisco, éste non aporta nin factura nin etiqueta de trazabilidade para as tres caixas de percebes que leva no maleteiro.
A UPA rescata unha curuxa ferida no concello de Santiago de Compostela
No día de onte, mércores 27 do mes e ano en curso, integrantes do Grupo de Investigación desta Xefatura da UPA, recolleron unha curuxa ferida.
Os feitos aconteceron na parroquia de Marrozos, concello de Santiago de Compostela, sobre as 07.30 horas da mañá, a requirimento dun cidadán que foi testemuña de como o animal impactaba contra a lona dun camión, sinalando a zona onde se agochaba.
A UPA de Vigo incauta 34 quilos de centolas nun control policial contra o furtivismo
O pasado día 18 do mes de decembro, axentes da UPA Vigo, estableceron un dispositivo de colaboración con funcionarios da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, nas inmediacións do Molle de Punta Lagoa de Vigo, co fin de evitar posibles actividades de pesca submariña irregular.
A UPA Vigo en colaboración con Gardacostas comisa máis de 63 quilos de mero e preto de 30 quilos de percebes en Baiona e Oia.
Axentes da UPA Vigo, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia e co Servizo de Vixilancia Pesqueira da Confraría "La Anunciada de Baiona", realizaron senllos dispositivos de control do furtivismo nos portos de Baiona e Oia, onde comisaron 63 quilos de mero e preto de 30 quilos de percebe.