Incendio Santa Cruz de Arrabaldo de Ourense
07/08/2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 1 de agosto na parroquia ourensán de Santa Cruz de Arrabaldo. O lume afectou 0,05 hectáreas de superficie arborada.  

Feita a inspección ocular, concluíuse que a orixe do incendio se debeu á realización de labores de roza cun tractor sen as medidas de seguridade precisas.

Na extinción do lume participaron tres axentes forestais, seis brigadas, tres motobombas, unha dotación de bombeiros de Ourense e un helicóptero.

A UPA remitiulle as dilixencias por estes feitos, que se saldaron con unha persoa investigada, ao Xulgado de Instrución número 1 en funcións de Garda de Ourense. No que vai de ano, leva  investigadas 17 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook