08/08/2023

Axentes da Unidade de Policía Adscrita de Santiago, xunto con axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, comisaron o pasado 3 de agosto 59 quilos de ameixa no marco dun operativo de loita contra o furtivismo na zona da Graña, en Ferrol. 

A actuación tivo lugar no curso das labores de inspección da costa, que permitiron localizar sete persoas extraendo ameixa con raños sen a habilitación correspondente. Como resultado, todas elas foron identificadas e tramitáronse as respectivas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia. Tamén se requisaron varios raños.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola UPA no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook