24/08/2022

A UPA esclarece un incendio forestal no concello de Rianxo

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura da UPA en Santiago de Compostela tomaron declaración a unha persoa como presunta autora do lume producido na parroquia de Isorna, que lanzou bombas de palenque con motivo das festas da zona.

23/08/2022

A UPA e a UIFO Identifican a un responsable dun incendio intencionado provocado cun chisqueiro no concello de Santiago de Compostela

A UPA, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, vén de esclarecer un incendio forestal intencionado rexistrado o pasado luns, 15 de agosto, en Santiago de Compostela que afectou 5.900 metros cadrados de monte raso.

Axentes do grupo de investigación de incendios da xefatura da UPA identificaron a un dos presuntos autores deste lume rexistrado no lugar dos Vilares, na parroquia de San Caetano, grazas á colaboración de dúas testemuñas que viron fuxir a dúas persoas desde o lugar no que se orixinou o lume.

08/08/2022

Trenor recibe ao novo Inspector Xefe da UPA da Coruña, Alejandro Maceiras

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu, esta mañá, ao novo inspector xefe da Unidade de Policía Adscrita (UPA) da Coruña, Alejandro Maceiras Bastida.

No encontro analizaron as consecuencias de que o Ministerio do Interior non aumente o número de efectivos da Unidade Policía Adscrita á Comunidade de Galicia (UPA), que reduciu o seu persoal nos últimos anos.

14/07/2022

Esclarecido incendio Forestal no concello de Santiago de Compostela

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da UPA, informa que a tormenta eléctrica que se produciu na noite do día 14 de xullo, provocou un incendio forestal que calcinou 4200 metros cadrados de monte na parroquia da Peregrina, neste concello de Santiago.

O lume provocouse cando un raio descargou a enerxía nun eucalipto próximo ao gaseoducto que une a planta de REGANOSA (A Coruña) e a localidade de Tui. A descarga realizou unha fisura pola que se fugaba o gas, que ao inflamarse produciu lapas de ata dez metros e 800 ºC.

28/06/2022

Detidos/ Investigados como presuntos autores de delitos contra a Protección da Flora e Fauna, Falsidade Documental e Fraude de subministro de Fluído Eléctrico.

Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) desta Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, en colaboración con membros do servizo da Subdirección Xeral de Gardacostas, desenrolan unha operación denominada “SALITRE”, para a investigación dun presunto delito contra a Protección da Flora e Fauna, iniciado no pasado mes de xaneiro, na zona de Ferrol.

17/06/2022

A Xunta organiza un curso de formación de axentes da UPA, a Policía Local e a Policía Nacional nas intervencións no medio acuático

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos participantes no curso Intervención Policial no medio Acuático que levou a cabo esta semana para mellorar a formación neste ámbito por parte dos axentes da UPA, Policía Local e efectivos da Policía Nacional destinados en Galicia.

24/05/2022

A UPA esclarece cinco incendios nos concellos de Covelo, A Lama e Porqueira

A Unidade de Policía Adscrita esclareceu tres incendios no concello de Covelo da provincia de Pontevedra, ademais doutro lume no municipio da Lama, tamén en Pontevedra, en colaboración con axentes ambientais, e outro en Porqueira (Ourense).

09/05/2022

A UPA e a UIFO esclarecen tres incendios nos concellos coruñeses de Cee, Rois e Muros

A Unidade de Policía Adscrita (UPA) e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceron tres incendios na provincia da Coruña, dous deles acontecidos o pasado 25 de abril nos concellos de Cee e Rois e outro o 28 de abril no de Muros.

05/05/2022

A UPA A Coruña comisa 25 quilos de ourizo nun operativo de loita contra o furtivismo na Coruña

A UPA incautou onte, 4 de maio, un total de 25 quilos de ourizo na cidade da Coruña no marco dun operativo de loita contra o furtivismo.

No transcurso dun dispositivo na Coruña, a UPA procedeu á vixilancia dun home que podería estar a extraer marisco de maneira ilegal na zona costeira próxima ao Colexio Plurilingüe Escravas do Sacro Corazón de Xesús, o cal interceptaron cando deixaba o lugar con 25 quilos de ourizo.

Os ourizos comisados foron posteriormente devoltos ao mar e os axentes levantaron unha acta de presunta infracción á Lei de Pesca de Galicia.

12/04/2022

A UPA Ourense esclarece un incendio no concello de Melón

Axentes da UPA de Ourense en colaboración esclareceron un incendio forestal ocorrido o pasado día 5 de abril, en Covelo-Quins, no concello de Melón.
O incendio, que afectou a cerca de 1.000 metros cadrados de raso, foi orixinado por mor do escape dunha queima, sen a salvagarda das debidas medidas de seguridade necesarias á hora de realizar a queima.
O lume foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando un Axente forestal e unha motobomba.