Na madrugada do pasado domingo 21 de maio, na localidade de Ribeira, iniciouse un altercado entre varios individuos, que derivou nunha tentativa de homicidio e onde se fixo uso dun arma de fogo.
Polas xestións da investigación e realizadas pola Comisaría Local de Policía Nacional de Ribeira, tiveron constancia de que a arma empregada na agresión, podería atoparse en augas do interior da dársena do porto desa localidade.
Desde a Comisaría Local de Policía Nacional de Ribeira, requiriuse a colaboración dos submarinistas do Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade Adscrita da Policía Nacional en Galicia (UPA).
Durante os pasados días luns 22 e martes 23 de maio, realizouse un operativo conxunto de procura e recuperación da arma. Onde participaron policías da Comisaría de Policía Nacional de Ribeira e mergulladores do Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade da Policía Nacional Adscrita de Galicia.
No mesmo, tamén colaborou o Servizo de Gardacostas da Xunta, prestando seguridade aos mergulladores e acoutando a zona de tránsito de navegación.
Así como fixéronse uso de diversos medios técnicos como un detector de metais (cedido polo Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia), e uns imáns (cedidos pola UBUFER da Armada Española e polo GES de Padrón).
Tras dous días de inmersións e procuras no fondo mariño do porto por parte dos mergulladores da UPA, o pasado 23 de maio localizaban a arma de fogo presuntamente utilizada nos feitos investigados, esta atopábase semienterrada entre lodo e oculta entre algas. Sendo posteriormente entregada a Policías do Grupo de Policía Científica da Comisaría de Ribeira.