Policía dispositivo seguridad
23/05/2023

Axentes da Xefatura Provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo levaron a cabo o 14 de maio un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade no barrio da Piringalla da capital luguesa. Como resultado das inspeccións levantáronse sete actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.

Os axentes identificaron 45 persoas, das que 10 eran menores, e levantaron tres actas por consumo de alcohol de menores e outras catro por consumo de substancias estupefacientes, dúas a menores e dúas a maiores de idade. As substancias intervidas remitíronselle á área de Sanidade da Delegación do Goberno para a súa análise. 

O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e a subministración a menores de idade, tanto en locais de ocio como bares, pubs ou discotecas coma en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expendedores de alcohol e tabaco. Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.

A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de ocio frecuentadas por menores de idade. Os obxectivos pasan por acadar que os establecementos se axusten á normativa en materia de alcohol e tabaco, pero tamén moi especialmente que os menores de idade adopten pautas de conduta saudables, evitando o consumo destes produtos a idades temperás polas importantes repercusións para a saúde que teñen estes consumos na mocidade.  
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook