A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Maside
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 20 de maio no concello ourensán de Maside. O lume afectou 0,20 hectáreas de superficie arborada.
A investigación puxo de manifesto que o incendio foi provocado polo lanzamento de fogos de artificio, cando o índice de risco de lumes era extremo, polo que se tomou declaración a unha persoa como presunta autora.
Colaboración de mergulladores da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, coa Comisaría de Policía Nacional de Ribeira na recuperación de arma de fogo no porto de Ribeira
Na madrugada do pasado domingo 21 de maio, na localidade de Ribeira, iniciouse un altercado entre varios individuos, que derivou nunha tentativa de homicidio e onde se fixo uso dun arma de fogo.
Polas xestións da investigación e realizadas pola Comisaría Local de Policía Nacional de Ribeira, tiveron constancia de que a arma empregada na agresión, podería atoparse en augas do interior da dársena do porto desa localidade.
A UPA Lugo levanta 7 actas de infracción no marco dun dispositivo de control de consumo de alcohol por menores de idade realizado en Lugo
Axentes da Xefatura Provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo levaron a cabo o 14 de maio un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade no barrio da Piringalla da capital luguesa. Como resultado das inspeccións levantáronse sete actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.
Entrega de dous esmeriles de bronce ao servizo de arqueoloxía da Xunta de Galicia para a súa restauración.
O pasado 18 de abril realizouse a entrega oficial por parte do Mando de Acción Marítima de Ferrol da Armada, ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia, dos 2 esmeriles de bronce e 3 cargadores de alcuza, para a súa restauración, que fosen recuperados por un Equipo Operativo de Mergullo formado por:
- A Unidade de Mergullo de Ferrol da Armada (UBUFER)
- O Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade de Policía Adscrita de Galicia
- O Servizo de patrimonio Arqueolóxico da Xunta de Galicia
No que tamén participo Gardacostas de Galicia.
A Axencia Galega de Seguridade Publica (Agasp) aborda a intervención xurisdicional con menores
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto o Comisario, Jorge Rubal Pena, Xefe da Unidade de Policía Adscrita de Galicia, participaron hoxe na apertura da Xornada sobre a intervención xurisdiccional con menores desenvolvida na Academia Galega de Seguridade Pública. No encontro interveñen o fiscal de Menores de Galicia, José Manuel Ucha, a maxistrada do Xulgado do Penal número catro de Pontevedra, Belén Rubido, e o doutor en Psicoloxía e director de Urrainfancia Javier Urra, quen fora o primeiro Defensor do Menor.
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia detén un home en Vigo por presunto delito de violencia de xénero
Axentes da xefatura local da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Vigo, detiveron o pasado venres un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia levanta 12 actas de infracción no marco dun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade realizado en Lugo.
Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita de Lugo, en colaboración coa Policía Local deste concello, levaron a cabo a pasada fin de semana un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade na capital luguesa. Como resultado das inspeccións levantáronse 12 actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.
A Unidade Adscrita de Policía de A Coruña comisa catro quilos de percebe
Axentes da Unidade Adscrita de Policía Autonómica da xefatura da Coruña comisaron onte nesta cidade catro quilos de percebe. A incautación realizouse en colaboración con confrarías de pescadores da área coruñesa no marco dun dispositivo de prevención do furtivismo.
Os axentes interceptaron e identificaron dúas persoas, das que posteriormente comprobaron que xa contaban con denuncias previas relacionadas co marisqueo ilegal. Ademais dos percebes, comisaron dous salabardos e unha rapa.
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia recupera 15 pezas metálicas de elevado valor arqueolóxico no marco da Operación Bronce
Axentes do Grupo de Investigación da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela, procederon á recuperación de 15 pezas metálicas de gran valor arqueolóxico datadas entre os séculos VII e IV A.C, polo que corresponden desde a Idade de Bronce ata a época romana. As actuacións levaron a cabo no marco da operación Bronce, que continúa aberta e, polo momento, os axentes identificaron a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra o patrimonio histórico e outro de apropiación indebida.
A Unidade de Policía Adscrita comisa 300 quilos de ameixa e 100 de ourizo na Coruña
Axentes de ERPOL da Unidade de Policía Adscrita de Galicia comisaron esta madrugada 300 quilos de distintos tipos de ameixa na ría coruñesa do Burgo e 100 quilos de ourizo na zona de Canide, en Oleiros. A actuación realizouse no marco dun operativo de loita contra o furtivismo desenvolvido xunto cos vixilantes da confraría da Coruña.
Como resultado foron identificadas 12 persoas e tramitáronse outras tantas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia. Todo o marisco comisado foi sementado no mar pola confraría da Coruña.