10/06/2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo comisario xefe da Unidade de Policía Adscrita, Jorge Rubal, reuniuse hoxe co xefe provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo, Javier García, con motivo da súa xubilación tras 44 anos de servizo. Diego Calvo agradeceulle o labor desenvolvido, xa recoñecido con diversos galardóns tanto a nivel local como nacional. Así, en 2015 recibiu a medalla de bronce ao mérito deportivo concedida polo Consello Superior de Deportes.

Inspector Xefe da Policía Nacional destinado en Lugo desde 1996, Javier García foi nomeado xefe provincial da Unidade de Policía Adscrita en 2016. Ao longo da súa traxectoria ocupouse de formar varias promocións de axentes, e foi xefe da Brigada de Policía Xudicial e da Estranxeiría. Ademais, foi coordinador de eventos deportivos da comisaría lucense, supervisando a seguridade. Na xuntanza mantida hoxe, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitouno pola súa traxectoria e por ser xa un referente para o corpo policial.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook