19/07/2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita detiveron e tomaron declaración a unha persoa como presunta autor de oito incendios forestais rexistrados no lugar de Porcallos, no concello pontevedrés de Lalín entre os anos 2016 e 2024.   

A detención enmárcase na investigación levada a cabo pola Unidade de Policía Adscrita denominada operación Errante, co obxectivo de previr e atallar a reincidencia pola sucesión continuada destes lumes que xeraron un risco para ás persoas e os bens inmobles e infraestruturas creando alarma social entre a veciñanza.

A investigación corroborou que a persoa investigada provocaba os lumes de maneira metódica, todos ás mesmas horas e nun terreo acoutado, o que demostra segundo os axentes, que se trataba dunha soa persoa coñecedora do lugar.

As dilixencias e actuacións por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en Funcións de Garda de Lalín, se ben a operación Errante segue aberta á espera de investigar a posible implicación da persoa detida noutros incendios similares na mesma zona.

No que vai de ano, a UPA leva investigadas un total de oito persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook