15/05/2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o 8 de maio no Carballiño. O lume  afectou 0,26 hectáreas de superficie rasa no lugar de Esgueva, na parroquia de Madarnás. 

Os axentes concluíron que a orixe do lume se debeu ao escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade necesarias. 

Nas tarefas de extinción participaron dous axentes forestais, dúas brigadas e unha motobomba. 

A UPA remitiulle as dilixencias por estes feitos, que se saldaron cunha persoa investigada, ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda do Carballiño. Trátase da terceira persoa investigada no que vai de ano como presunta autora dun incendio forestal. 

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook