21/06/2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago e da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 5 de xuño que se iniciou no concello de Val do Dubra, se ben o territorio afectado pertencía ao municipio de Santa Comba.

O lume afectou catro hectáreas de monte arborado. Os axentes comprobaron que a orixe do lume debeuse á realización de tarefas agroforestais cun tractor con rozadora de martelos e sen as medidas de seguridade precisas. A fricción do apeiro coas pedras do terreo propiciou que o lume prendera na vexetación.

A Unidade de Policía Adscrita tomou declaración como investigada á persoa responsable dos traballos agroforestais e trasladou as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución de Garda de Ordes.

No que vai de ano, a UPA Galicia leva investigadas un total de sete persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook