31/08/2023

O delegado territorial da Xunta recibe ao xefe provincial da UPA en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá en audiencia ao inspector xefe provincial da UPA, Breogán Rivo,  que ven de ocupar o cargo de xefe da Policía Científica da Comisaría de Mérida.

Gabriel Alén deulle a benvida a Ourense e desexoulle o maior dos éxitos na nova etapa profesional que comeza; así como no eido persoal.

31/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita detén un home en Lugo por un presunto delito de violencia de xénero

Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo, detiveron o pasado 22 de agosto un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Os axentes, tras recibir unha chamada do 112 Galicia alertando dunha muller que manifestara sufrir unha agresión por parte da súa parella, acudiron á dirección facilitada. A UPA procedeu á detención e trasladou o varón á comisaría da Policía Nacional de Lugo, onde se tramitaron dilixencias por presunto delito de violencia de xénero, que foron remitidas ao xulgado de garda de Lugo.

29/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita levanta 10 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas de San Lourenzo en Foz

Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o 10 de agosto, no marco das festas patronais de San Lourenzo en Foz. Como resultado das inspeccións identificouse a 50 persoas e levantáronse 10 actas de infracción por consumo de alcohol por parte de menores na vía pública.

25/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal en San Cibrao das Viñas (Ourense)

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado martes, 22 de agosto, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. O lume afectou 0,41 hectáreas de superficie rasa.    

A investigación puxo de manifesto, tras a inspección ocular da superficie afectada, que o incendio foi provocado durante os traballos de roza, sen as debidas medidas de seguridade necesarias á hora de realizala nesta época do ano.  

18/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita e Gardacostas comisan 30 quilos de ameixa en Narón

Axentes da Unidade de Policía Adscrita de Santiago, xunto con axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, comisaron o pasado 10 de agosto 30 quilos de ameixa no marco dun operativo de loita contra o furtivismo na zona do Couto, en Narón.

A actuación tivo lugar no decurso dos labores de inspección da costa, que permitiron localizar catro persoas extraendo ameixa sen a habilitación correspondente. Como resultado, todas elas foron identificadas e tramitáronse as respectivas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia.

08/08/2023

O servizo de Gardacostas e a Unidade de Policía Adscrita comisan 80 quilos de polbo de talle antirregulamentario en Bueu

Axentes do Servizo de Gardacostas e da Unidade de Policía Adscrita da xefatura de Pontevedra comisaron nos últimos días no porto de Bueu 80 quilos de polbo conxelado, todo de talle inferior ao regulamentario, que é dun quilo por peza. Ademais o produto carecía de documentación que amparase a súa rastrexabilidade. 

08/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita e Gardacostas comisan 59 quilos de ameixa en Ferrol

Axentes da Unidade de Policía Adscrita de Santiago, xunto con axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, comisaron o pasado 3 de agosto 59 quilos de ameixa no marco dun operativo de loita contra o furtivismo na zona da Graña, en Ferrol. 

A actuación tivo lugar no curso das labores de inspección da costa, que permitiron localizar sete persoas extraendo ameixa con raños sen a habilitación correspondente. Como resultado, todas elas foron identificadas e tramitáronse as respectivas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia. Tamén se requisaron varios raños.

07/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no Concello de Ourense

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 1 de agosto na parroquia ourensán de Santa Cruz de Arrabaldo. O lume afectou 0,05 hectáreas de superficie arborada.  

Feita a inspección ocular, concluíuse que a orixe do incendio se debeu á realización de labores de roza cun tractor sen as medidas de seguridade precisas.

Na extinción do lume participaron tres axentes forestais, seis brigadas, tres motobombas, unha dotación de bombeiros de Ourense e un helicóptero.

03/08/2023

A Unidade de Policía Adscritra comisa 15 quilos de percebes e unha embarcación no litoral da cidade da Coruña

Axentes da Unidade de Policía Adscrita de Santiago xunto co Servizo de Gardacostas de Galicia e en colaboración coa confraría de pescadores da Coruña comisaron o pasado 13 de xullo 15 quilos de percebes e unha embarcación no marco dun operativo de loita contra o furtivismo no litoral da cidade coruñesa.

28/07/2023

A Unidade de Policía Adscrita comisa 362 quilos de diversas especies mariñas e 470 nasas na Ría de Arousa

Axentes do grupo de investigación de Erpol e mergulladores do Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago xunto co Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron entre o 21 e o 30 de xuño 362 quilos de diversas especies mariñas e 470 nasas no marco dun operativo de loita contra o furtivismo no litoral da ría de Arousa. Foron 300 quilos de polbo, 40 de nécora, 20 de lumbrigante e dous de santiaguiños que se liberaron no momento da incautación.