18/04/2024

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no concello de Lalín

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago esclareceron un incendio forestal rexistrado o 5 de abril en Lalín. O lume  afectou 11,8 hectáreas de superficie rasa no lugar da Barcía.  
 
Como resultado da inspección ocular localizáronse na parcela restos de poda, polo que se concluíu que a orixe do lume se debeu a unha neglixencia á hora de realizar traballos forestais cunha rozadoira. 
 

11/04/2024

Intervidas en Portugal 11 toneladas de molusco bivalvo en mal estado nunha acción contra as redes criminais dedicadas á captura ilícita

Axentes da Policía Nacional, nunha operación coa Polícia de Segurança Pública de Portugal e a Polícia Marítima do mesmo país, interviñeron en Portugal –Lisboa, Vila Franca de Xira e Palmela- case 12 toneladas de molusco bivalvo, presuntamente en mal estado, durante unha acción contra as redes criminais dedicadas á captura ilícita.

Durante a operación arrestouse a dúas persoas e hai sete investigados non detidos como presuntos integrantes dunha organización criminal dedicada á captura ilícita, o comercio e tráfico internacional de ameixas japónicas.

11/04/2024

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Castrelo de Miño

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 4 de abril en Castrelo de Miño. O lume afectou 0,33 hectáreas de superficie rasa na parroquia de Barral.  

O incendio rexistrouse polo escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade precisas. Na extinción do lume participaron un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba.

26/03/2024

A Unidade de Policía Adscrita levanta 6 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas da Carballeira de Lugo

Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita en Lugo levaron a cabo un dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o 20 de marzo, no marco das festas da Carballeira de Lugo. Como resultado das inspeccións identificouse a 45 persoas e levantáronse 6 actas de infracción por parte de menores na vía pública.

15/12/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no concello de Boiro

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago esclareceron un incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro o pasado 12 de outubro. O lume produciuse na parroquia de Espiñeira e afectou 0,72  hectáreas de superficie arborada.
 
Como resultado da investigación e grazas á colaboración da Policía Local e da veciñanza, determinouse que se trataba dun incendio intencionado e logrouse identificar a persoa autora, da que xa constaban varios antecedentes policiais por provocar lumes forestais de xeito intencionado. 

13/12/2023

A Unidade de Policía Adscrita identifica tres persoas por caza furtiva en Lalín

Axentes da Unidade de Policía Adscrita da xefatura de Santiago de Compostela imputaron tres persoas por caza furtiva nun operativo desenvolvido o 23 de novembro no Monte de Zobra, en Lalín. Como resultado comisáronse dúas lebres mortas que foron entregadas a un centro benéfico.
 

30/10/2023

O Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) participa nun simulacro no río Ulla dentro do evento Interreg de cooperación transfronteriza.

Galería de imaxes do simulacro do pasado día 26 de outubro realizado no río Ulla no concello da A Estrada (Pontevedra) dentro do evento Interreg de cooperación transfronteriza.

20/10/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece dous incendios forestais nos concellos de Teo e Punxín

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago e Ourense, xunto coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural veñen de esclarecer dous incendios forestais rexistrados no concello coruñés de Teo e no ourensán de Punxín, respectivamente.

03/10/2023

O pasado día 2 de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega de distincións enmarcada nos actos institucionais do Día da Policía

Galería de Imaxes:

Entrega de distincións enmarcada nos actos institucionais do Día da Policía que celebrouse en Santiago de Compostela o pasado día 02 de outubro.

17/09/2023

A Unidade de Policía Adscrita e axentes da UIFO esclarecen un incendio forestal no concello de Outeiro de Rei

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo e axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 5 de setembro na parroquia de Arcos do concello lucense de Outeiro de Rei. O lume afectou 0,05 hectáreas de superficie rasa. A rápida intervención do dispositivo anti incendios na extinción do lume evitou a súa propagación.