20/10/2025

Axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia e o servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 25 quilos de percebe, así como diverso material utilizado para estas prácticas furtivas, no marco dun operativo conxunto desenvolvidos na zona da Torre de Hércules, na Coruña.

A intervención, realizada o pasado 14 de outubro, foi posible grazas á alerta dos vixiantes da confraría de pescadores da cidade. Os axentes conseguiron interceptar a catro persoas, ás que se lles tramitaron as correspondentes actas de sanción por infracción á Lei de Pesca de Galicia. O marisco comisado foi entregado a dous centros benéficos da cidade.

Este operativo enmárcanse no reforzo realizado pola UPA, en colaboración co servizo de Gardacostas de Galicia dependente da Consellería do Mar e coas confrarías de pescadores, no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados por esta actividade ilegal. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto sen as debidas garantías sanitarias.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través das nosas contas de Facebook, Instagram e X