15/12/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no concello de Boiro

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago esclareceron un incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro o pasado 12 de outubro. O lume produciuse na parroquia de Espiñeira e afectou 0,72  hectáreas de superficie arborada.
 
Como resultado da investigación e grazas á colaboración da Policía Local e da veciñanza, determinouse que se trataba dun incendio intencionado e logrouse identificar a persoa autora, da que xa constaban varios antecedentes policiais por provocar lumes forestais de xeito intencionado. 

13/12/2023

A Unidade de Policía Adscrita identifica tres persoas por caza furtiva en Lalín

Axentes da Unidade de Policía Adscrita da xefatura de Santiago de Compostela imputaron tres persoas por caza furtiva nun operativo desenvolvido o 23 de novembro no Monte de Zobra, en Lalín. Como resultado comisáronse dúas lebres mortas que foron entregadas a un centro benéfico.
 

30/10/2023

O Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) participa nun simulacro no río Ulla dentro do evento Interreg de cooperación transfronteriza.

Galería de imaxes do simulacro do pasado día 26 de outubro realizado no río Ulla no concello da A Estrada (Pontevedra) dentro do evento Interreg de cooperación transfronteriza.

20/10/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece dous incendios forestais nos concellos de Teo e Punxín

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago e Ourense, xunto coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural veñen de esclarecer dous incendios forestais rexistrados no concello coruñés de Teo e no ourensán de Punxín, respectivamente.

03/10/2023

O pasado día 2 de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a entrega de distincións enmarcada nos actos institucionais do Día da Policía

Galería de Imaxes:

Entrega de distincións enmarcada nos actos institucionais do Día da Policía que celebrouse en Santiago de Compostela o pasado día 02 de outubro.

17/09/2023

A Unidade de Policía Adscrita e axentes da UIFO esclarecen un incendio forestal no concello de Outeiro de Rei

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo e axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 5 de setembro na parroquia de Arcos do concello lucense de Outeiro de Rei. O lume afectou 0,05 hectáreas de superficie rasa. A rápida intervención do dispositivo anti incendios na extinción do lume evitou a súa propagación.

13/09/2023

O delegado territorial da Xunta visita a xefatura provincial da UPA en Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou onte a sede da Xefatura Provincial da UPA en Lugo.

Onde coñeceu de primeira man, as tarefas que ten encomendada a UPA de Lugo, así como comprobou as melloras realizadas nas instalacións da Xefatura no peche exterior perimetral e a zona do aparcadoiro.

08/09/2023

A Unidade de Policía Adscrita esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Coles

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita en Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado venres, 1 de setembro, en Ribela, no concello ourensán de Coles. O lume afectou 0,11 hectáreas de superficie arborada.   
 

04/09/2023

A Unidade de Policía Adscrita imputa unha persoa por un delito contra a fauna e a flora ao atrapar un azor nunha gaiola no concello coruñes de Rois

Axentes da Unidade de Policía Adscrita da xefatura de Santiago de Compostela en colaboración con axentes ambientais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda liberaron o luns 28 de agosto un azor atrapado nunha gaiola en Rois. Como resultado da actuación imputouse unha persoa como presunta autora dun delito contra a flora e a fauna.

31/08/2023

A Unidade de Policía Adscrita detén un home en Lugo por un presunto delito de violencia de xénero

Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo, detiveron o pasado 22 de agosto un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Os axentes, tras recibir unha chamada do 112 Galicia alertando dunha muller que manifestara sufrir unha agresión por parte da súa parella, acudiron á dirección facilitada. A UPA procedeu á detención e trasladou o varón á comisaría da Policía Nacional de Lugo, onde se tramitaron dilixencias por presunto delito de violencia de xénero, que foron remitidas ao xulgado de garda de Lugo.