16/01/2025

Axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) da xefatura da Coruña comisaron 38 quilos de ourizo e 20 de percebe, así como diverso material usado para o furtivismo, no marco dun operativo desenvolvido o pasado martes na zona do Portiño, na Coruña, en colaboración con confrarías de pescadores desa área.

Os axentes identificaron nove persoas, das que se comprobou que xa contaban con denuncias previas relacionadas co marisqueo ilegal. Como resultado, tramitáronse nove actas de sanción pola Lei de Pesca de Galicia e o marisco comisado foille entregado a un centro benéfico local.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola UPA, en colaboración coa Consellería do Mar, no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados por esta actividade ilegal. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook