
18/02/2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co novo xefe da Sede da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz, que acaba de asumir o cargo tras a xubilación do anterior responsable, Javier García Amigo.
Neste primeiro encontro institucional, Arias felicitouno pola súa nova responsabilidade e ofreceulle colaboración para “seguir prestando o mellor servizo” á cidadanía da provincia.
O delegado puxo en valor o “labor fundamental” deste corpo policial, que ten entre os seus cometidos a loita contra os incendios, a protección do medio natural, das rutas xacobeas, das vítimas de violencia de xénero e dos menores, entre outros.