05/05/2023

O pasado 18 de abril realizouse a entrega oficial por parte do Mando de Acción Marítima de Ferrol da Armada, ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia, dos 2 esmeriles de bronce e 3 cargadores de alcuza, para a súa restauración, que fosen recuperados por un Equipo Operativo de Mergullo formado por:
- A Unidade de Mergullo de Ferrol da Armada (UBUFER)
- O Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) da Unidade de Policía Adscrita de Galicia
- O Servizo de patrimonio Arqueolóxico da Xunta de Galicia
No que tamén participo Gardacostas de Galicia.
Esta recuperación do pasado mes de febreiro, en punta Espiñeiro, nas proximidades da localidade de Corrubedo, foi grazas ao achado de pescadores que faenaban ao ourizo. 
Estes deron aviso ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia quen de inmediato, comunicaron o achado ás autoridades da Armada, poñéndose en coñecemento do MARFER. En coordinación co Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e coa autorización do Centro de Operacións de Vixilancia e Acción Marítima en Cartaxena, activouse e destacou a un equipo operativo de mergullo da UBUFER para realizar a extracción da peza con total seguridade evitando un posible risco de espolio.
As pezas de bronce estiveron mergulladas nas inmediacións da Unidade de Mergullo de Ferrol para evitar a súa deterioración, e tras coordinación con persoal técnico da Xunta de Galicia, coordinouse unha data para a súa entrega e futura restauración no Museo de Vigo.
Ao acto de entrega acudiron diferentes autoridades civís e militares, así como persoal técnico especialista en arqueoloxía e un equipo de mergulladores da UPA, en apoio aos mergulladores da Unidade de Mergullo.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook