18/10/2022

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, esclareceron un incendio ocorrido o pasado día 26 de agosto do ano en curso, na parroquia de Ameixenda, concello de Ames, sendo afectados 1300 metros cadrados de terreo arborado.

O incendio debeuse ao lanzamento de foguetes nas festas patronais do lugar, provocado polas condicións meteorolóxicas favorables que contribuiron a que os restos pirotécnicos incendiaran o terreo sobre o que caían.

Esta Unidade solicitou a colaboración da UIFO para a realización do correspondente informe técnico da inspección ocular na zona queimada.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Santiago.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook