20/04/2023

Axentes da Unidade Adscrita de Policía Autonómica da xefatura da Coruña comisaron onte nesta cidade catro quilos de percebe. A incautación realizouse en colaboración con confrarías de pescadores da área coruñesa no marco dun dispositivo de prevención do furtivismo.

Os axentes interceptaron e identificaron dúas persoas, das que posteriormente comprobaron que xa contaban con denuncias previas relacionadas co marisqueo ilegal. Ademais dos percebes, comisaron dous salabardos e unha rapa.

A UPA levantou dúas actas de presunta infracción da Lei de pesca de Galicia e o marisco comisado foille entregado a un centro benéfico da cidade coruñesa.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook