12/03/2023
O pasado 8 de marzo o concello de Ourense fixo entrega do XVII Premio Campoamor á igualdade de oportunidades ás Forzas e Corpos de Seguridade da provincia de Ourense.
O galardón recoñece a labor de atención e seguimento das vítimas de violencia de xénero da provincia de Ourense, por parte dos axentes de Policía Nacional da UFAM (Unidade de Familia e Atención a Muller) e da UPA (Unidade de Policía Adscrita de Galicia), EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Garda Civil e ás Policías Locais incorporadas ao Sistema Vioxén.
O acto tivo lugar no Liceo, realizando a entrega do galardón o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.