17/03/2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita da Xefatura de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 2 de marzo no concello coruñés de Boiro. O lume afectou 1.400 metros cadrados de superficie arborada.
 
A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado por unha queima sen as debidas medidas de seguridade por parte da persoa que a estaba a realizar e que contaba cunha comunicación para poder realizala.
 
A UPA remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira.
 
Trátase da sexta persoa investigada pola Policía Autonómica na actual campaña como presunta autora de incendios forestais.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook