Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita de Lugo esclareceron unha autoría dun vertido de residuos perigosos localizado o pasado xaneiro nun monte da parroquia de Bocamaos, no concello de Lugo. O presunto autor xa fora denunciado con anterioridade por ter un taller dedicado á compravenda ilegal de vehículos.
No vertedoiro atopáronse pezas e documentación de vehículos, así como restos de envases como latas de aceite e botes de pintura e disolventes. A documentación localizada permitiu aos axentes que se trataba de vehículos exportados de Romanía e vendidos en España. As investigacións da UPA permitiron, primeiro, localizar a propietarios dos vehículos e, posteriormente, ás persoas que llos venderon.
A UPA colabora coa Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en actuacións están relacionadas co control de produtores e xestores de residuos sólidos, de vertidos líquidos, da localización e erradicación de vertedoiros ilegais coma este de Lugo, das inspeccións e controis de puntos limpos, do transporte e reciclado de aceites vexetais, así como controis vinculados coa caza e a pesca fluvial, coa vixilancia de zonas protexidas medioambientalmente ou co urbanismo.