13/12/2023

Axentes da Unidade de Policía Adscrita da xefatura de Santiago de Compostela imputaron tres persoas por caza furtiva nun operativo desenvolvido o 23 de novembro no Monte de Zobra, en Lalín. Como resultado comisáronse dúas lebres mortas que foron entregadas a un centro benéfico.
 
O operativo activouse tras ter coñecemento de persoas que practicaban a caza en zonas prohibidas ou vedadas, capturando especies non permitidas ou en cantidades superiores á cota asignada. Os labores de vixilancia permitiron detectar tres persoas nunha zona onde non se pode cazar lebre e que dúas delas deran morte a cadanseu exemplar.
 
Como resultado, todas as persoas foron identificadas e tramitáronse as respectivas denuncias por presuntas infraccións da Lei 13/2003 de Caza de Galicia.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook