18/04/2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Santiago esclareceron un incendio forestal rexistrado o 5 de abril en Lalín. O lume  afectou 11,8 hectáreas de superficie rasa no lugar da Barcía.  
 
Como resultado da inspección ocular localizáronse na parcela restos de poda, polo que se concluíu que a orixe do lume se debeu a unha neglixencia á hora de realizar traballos forestais cunha rozadoira. 
 
Nas tarefas de extinción participaron tres axentes forestais, sete brigadas, tres helicópteros, tres avionetas e dúas motobombas. 
 
A UNidade de Policía Adscrita remitiulle as dilixencias por estes feitos, que se saldaron cunha persoa investigada, ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Lalín. Trátase da segunda persoa investigada no que vai de ano como presunta autora dun incendio forestal. 
 
A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook