27/09/2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional en Santiago veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o 15 de setembro en Val do Dubra. O lume produciuse na parroquia de Coucieiro e afectou unha superficie de 200 metros cadrados de superficie rasa. 
 
A orixe do incendio debeuse ao escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade necesarias e nunha data na que estaban prohibidas. Hai unha persoa investigada como presunta autora.
 
As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ordes.
 
No que vai de ano, a UPA leva investigadas 13 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 
 
A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook