18/07/2025

Axentes da Xefatura da Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA) de Galicia en colaboración coa confraría de pescadores da Coruña comisaron o pasado 10 de xullo un total de 13,45 quilos de percebe, un neopreno e unha rasqueta.

Como resultado desta operación, os axentes identificaron ás catro persoas implicadas e tramitáronse catro actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia. O percebe comisado foi entregado a unha institución benéfica local.

O operativo enmárcase na colaboración realizado pola UPA en colaboración coa Consellería do Mar no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados por esta actividade ilegal. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto sen as debidas garantías sanitarias.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través das nosas contas de Facebook, Instagram e X