20/03/2026

Axentes da xefatura da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia en Santiago de Compostela levaron a cabo os pasados 12 e 13 de marzo dispositivos de prevención de consumo de alcohol por menores de idade en Santiago de Compostela e Ribeira. Como resultado das 27 inspeccións feitas, os axentes levantaron sete actas de infracción por mor de actuacións relacionadas coa Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das conductas aditivas.

O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento desta Lei 6/2025, co obxectivo de previr a venda e a subministración a menores de idade. Das sete actas de infraccións rexistradas, seis corresponden a establecementos por incumprir esta norma ou a Lei 3/2023 reguladora dos xogos de Galicia, e unha delas a un menor de idade. 

A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de ocio frecuentadas por menores de idade. Os obxectivos pasan por acadar que os establecementos se axusten á normativa en materia de alcohol e tabaco, pero tamén moi especialmente que os menores de idade adopten pautas de conduta saudables, evitando o consumo destes produtos a idades temperás polas importantes repercusións para a saúde que teñen estes consumos na mocidade.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través das nosas contas de Facebook, Instagram e X