Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL) desta Xefatura da UPA en Santiago de Compostela, en colaboración con membros do servizo da Subdirección Xeral de Gardacostas, desenrolan unha operación denominada “SALITRE”, para a investigación dun presunto delito contra a Protección da Flora e Fauna, iniciado no pasado mes de xaneiro, na zona de Ferrol.
O operativo comeza cando se ten coñecemento da posible utilización dunha depuradora clandestina instalada no baixo situado nunha rúa do concello de Narón, que presuntamente se utilizaba para depurar o marisco extraído ilicitamente da Ría de Ferrol.
Establécense numerosos dispositivos de vixilancia nos arredores de dita instalación, podendo constatarse que unha das persoas encartadas nesta investigación, dispón de permiso legal para a extracción de marisco nas zonas de libre marisqueo, aproveitando dita circunstancia para introducir este marisco na cadea de comercialización a través da lonxa de Ferrol.
O día 29 de marzo, procédese a realizar unha Entrada e Rexistro, aproveitando a presenza de dous dos investigados no referido baixo, obsérvase a instalación completa dunha depuradora, alimentada dun circuíto pechado de auga do mar, a cal era trasladada ata o lugar en “bins” de gran capacidade. Asemade por parte da empresa Naturgy, a inspección da rede eléctrica do local, verificando que a instalación estaba enganchada á rede xeral do edificio, feito co cal evitaban pagar altas facturas polo consumo eléctrico.
Para a extracción do marisco utilizábanse equipos de buceo autónomo, así como productos químicos para realizar a captura do pulpo.
As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 1 de Ferrol.
No dispositivo forón detidas 2 persoas e 11 investigadas, así como 40 persoas identificadas.
Comisando:
-50 quilos de centolo e zamburiñas.
-8 equipos de buceo autónomo.
-4 raños.
-Numerosas redes.