28/09/2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse hoxe co novo inspector xefe adxunto da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), Carlos Temprano. No encontro, o conselleiro felicitouno pola nova responsabilidade e desexoulle un frutífero labor no novo cargo, do que tomou posesión o pasado venres.

Con máis de 34 anos de experiencia de servizo policial nos campos de seguridade cidadá, información e, fundamentalmente, da Policía Xudicial, Carlos Temprano levaba desde 2022 exercendo como inspector xefe e xefe de brigada de Policía Xudicial na comisaría de Santiago de Compostela, onde asumiu a dirección e coordinación de investigacións sobre todo tipo de delitos nesta demarcación.

Licenciado en Ciencias Policiais pola Universidade de Salamanca, é tamén mestre especialista en Educación Física e licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade da Coruña. Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional en Galicia, onde  participou en numerosos operativos en coordinación coa UPA. Ademais, colabora como docente e coordinador na actividade formativa da Academia Galega de Seguridade Pública.

Ao longo da súa traxectoria recibiu diferentes felicitacións e recoñecementos, entre os que destacan diversas cruces ao mérito policial.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través das nosas contas de Facebook, Instagram e X