Lume en Santiago de Compostela
14/07/2022

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios desta Xefatura da UPA, informa que a tormenta eléctrica que se produciu na noite do día 14 de xullo, provocou un incendio forestal que calcinou 4200 metros cadrados de monte na parroquia da Peregrina, neste concello de Santiago.

O lume provocouse cando un raio descargou a enerxía nun eucalipto próximo ao gaseoducto que une a planta de REGANOSA (A Coruña) e a localidade de Tui. A descarga realizou unha fisura pola que se fugaba o gas, que ao inflamarse produciu lapas de ata dez metros e 800 ºC.

Na investigación colaborou tanto Policía Nacional de Santiago como os Axentes da UIFO da Consellería do Medio Rural. Sendo extinguido polos Bombeiros do parque da cidade así como por unha Brigada da Xunta.

 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook