26/02/2023

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Adscrita desta Xefatura en Santiago de Compostela, en colaboración con Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería do Medio Rural, esclareceron un incendio ocorrido o pasado 14 de febreiro do ano en curso, no concello de Val do Dubra, que afectou a 2000 metros cadrados de monte arborado. 

Nunha primeira inspección ocular, os axentes observan que as queimas non presentaban devasa que impedise a continuidade do lume co resto da vexetación.  A persoa responsable da queima de restos forestais, atopábase en posesión dunha comunicación para a queima de restos agrícolas amoreados.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes (A Coruña).
 

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook