26/08/2022

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da xefatura da Unidade de Policía Adscrita en Santiago de Compostela tomaron declaración a unha persoa que estaba a facer tarefas de sega de herba cun tractor con rotativa, como presunta autora do lume producido na parroquia de Pardesoa. A fricción do apeiro coas pedras do terreo propiciou borrachas que prenderon na vexetación.

A UPA remitiu o atestado sobre os feitos ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Lalín.

No que vai de ano, a "Policía Autonómica" leva investigadas 39 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Colabore

Poñemos á súa disposición os medios para que poida contactar con nós ou remitirnos calquera consulta.

Redes Sociais

Tamén pode seguir a nosa actividade a través da nosa conta de Facebook